Saltar navegación

Manuel Rico Verea

Manuel Rico Verea

Era o ano 1978 cando empezou a tomar corpo o Cancioneiro Popular das Terras do Tamarela, nacido dunha experiencia pedagóxica, ao converter ao alumnado do C.P de Boimorto en investigadores. Para iso, nenos e nenas fixeron unha recollida de ditos, refráns e cantigas nas súas casas. Como conta o autor no limiar do libro, "cada cántiga pasábase a unha ficha que despois se arquivaba nun ficheiro xeral segundo o seu encadramento temático".

Como homenaxe a este mestre e investigador, a nosa UDI tamén parte dunha recolleita levada adiante por discentes. Así, esperamos por en valor un patrimonio inmaterial que a todos eles pertence.

De non verse a web anterior, esta é a ligazón: http://galegos.galiciadigital.com/es/manuel-rico-verea