1.5. Avaliación do traballo en equipo

Para que o alumnado valore verdadeiramente a aprendizaxe do traballo en equipo, debemos avaliar tamén este aspecto, ademais da aprendizaxe dos contidos da materia.  Si non o valoramos, daremos a entender que non é importante, que é algo secundario, é non pode ser así.  A avaliación hai que efectúala dende o momento en que empezamos a traballar en equipo, por exemplo, dende que traballamos actividades de cohesión de grupo  (ámbito de intervención A) e en todas as actividades nas que empregamos estruturas cooperativas (ámbito de intervención B), e por suposto, cando nos introducimos no ámbito de intervención C, o traballo en equipo como contido de aprendizaxe.

Dimensións da avaliación do traballo en equipo

Na avaliación do traballo en equipo diferenciamos dúas dimensións, a dimensión de grupo e a dimensión individual.

a)    Dimensión de grupo: equipos base. A avaliacións desta dimensión de grupo faise a través das revisións periódicas do Plan de Equipo  (que detallaremos na Unidade Didáctica 1), que van elaborando os equipos base.  Trátase dunha avaliación cualitativa e de carácter formativo que realiza cada equipo, a través dela os equipos van “modelando” o seu propio funcionamento, reforzando o que fan ben e propoñéndose obxectivos de mellora.

b)    Dimensión de grupo: grupo-clase.  Igual que se fai cos grupos-base, hai que facer co grupo-clase, pero cunha periodicidade trimestral. Todo o grupo-clase, en asemblea, se para a pensar como funciona globalmente, como grupo: que é o que fan especialmente ben e que o que deberían mellorar.    Tamén é unha avaliación cualitativa e de carácter formativo: a través dela van “modelando” o seu propio funcionamento, reforzando o que os seus compoñentes fan ben e propoñéndose obxectivos de mellora.

c)    Dimensión individual: debemos avaliar tamén o traballo en equipo a nivel individual. Dende o primeiro momento que o alumno traballa en equipo debe ser avaliado polo profesor neste aspecto.  O profesorado debe deixar constancia do progreso na habilidade para traballar en equipo, de todos e cada un dos alumnos.  Esta avaliación individual é independente da avaliación a nivel de grupo, porque un grupo pode ter unha valoración alta en traballo en equipo, pero un alumno en concreto pode tela baixa.

Neste caso, trátase dunha avaliación formativa e sumativa, que realiza o profesorado a través da observación directa na aula e que se traduce nunha cualificación: pode ser unha porcentaxe da nota total na materia,…

→ AVALIACIÓN GRUPAL DO TRABALLO EN EQUIPO

Esta avalación será feita por cada equipo coa colaboración do profesor/a, como mínimo unha vez ao trimestre; pero, cando iniciamos o traballo en equipo deberíamos facela máis a míudo, para poder ir mellorando o funcionamento do equipo.

avaliacion grupal

Unha vez feita a valoración do traballo en equipo, farase unha media das puntuacións obtidas  (as que figuran entre paréntese) para calcular a puntuación do equipo. Esta cualificación será tida en conta na cualificación individual de cada alumno/a, por exemplo, cunha porcentaxe da cualificación total.

→ AVALIACIÓN INDIVIDUAL DO TRABALLO EN EQUIPO

O profesorado riscará en cada un dos criterios o grao de consecución que se traduce nunha cualificación.  A cualificación dun alumno / a concreto/a será a media da cualificación en cada un dos criterios.  Esa media será a que se levará á porcentaxe establecida na cualificación global do alumno / a na materia.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUAL DO TRABALLO EN EQUIPO

AVALIACION

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0