1.4. O traballo en equipo

Como xa dixemos, o Programa CA/AC parte da idea de que hai que ensinar a traballar en equipo como un contido máis, polo tanto debe ser traballado de forma sistemática e persistente.  Para iso hai que ter en conta os seguintes aspectos:

  • Para que o traballo en equipo sexa eficaz, os membros do equipo deben ter claro que obxectivos perseguen: aprender e axudarse a aprender.  Ter claros os obxectivos e axudarse para logralos constitúe a interdependencia positiva de finalidades.
  • Dentro do equipo haberá diversos roles: coordinador, secretario, responsable de material, voceiro, axudante…Cada membro do equipo terá asignado un rol e deberá saber claramente que debe facer para exercer ese rol.  Ao mesmo tempo, ante unha determinada tarefa é necesario que se distribúan o traballo, para aumentar a interdependencia positiva de tarefas.
  • Estes equipos de traballo cando son estables se denominan equipos base: equipos estables que traballan xuntos cada vez que o profesor ou profesora o demanda.  A medida que traballan xuntos, aumenta a interdependencia positiva de identidade. Para incrementar esta identidade podemos poñer un nome ao equipo, ter un logotipo, ter un caderno de equipo…
  • Debemos traballar as habilidades sociais necesarias para traballar en grupo: escoitar con atención aos compañeiros e compañeiras, usar un ton de voz suave, respectar a quenda de palabra, preguntar con corrección, compartir as cousas e as ideas, pedir axuda con corrección, axudar aos compañeiros, acabar as tarefas, controlar o tempo de traballo…Nas revisións periódicas que fai o equipo do seu funcionamento valoraranse estas habilidades e poden dar lugar a compromisos persoais de cada membro do equipo, en función, dos aspectos que se considera deben mellorarse.

É moi importante destacar que a cohesión do equipo (ámbito A) ha de ser traballada  ao longo de todo o curso. Para lograr os obxectivos de aprendizaxe, todos os membros do equipo han de estar a gusto traballando xuntos.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0