1.4.1. Composición e formación dos equipos

A organización da aula e o traballo en equipos cooperativos é o piar desta proposta didáctica.  Polo que a composición e formación destes equipos ha de ser coidadosamente deseñada polo profesorado.  

Xeralmente, os equipos de aprendizaxe cooperativa están formados por catro alumnos, máximo cinco. A composición dos equipos debe ser heteroxénea en xénero, etnia, intereses, capacidades, motivación, rendemento, autonomía,...

Os equipos de base son aqueles que se manteñen estables ao longo dun tempo considerable e son o agrupamento básico do alumnado dun grupo clase. Son compatibles con outras equipos mais homoxéneos en momentos puntuais.

Debe ser o profesorado quen distribúa aos participantes nos diferentes equipos, tendo en conta as súas preferencias e incompatibilidades. Si durante as primeiras semanas de curso, traballamos actividades de cohesión de grupo, podemos observar como se manexa cada un nos grupos, que en principio, non serán estables e ata poden ser formados libremente polo alumnado. Tamén podemos usar un test sociométrico para coñecer as afinidades do alumnado, os que son excluídos, os mais escollidos. Con toda esta información, constituiremos os grupos base, que poden funcionar todo o curso, un trimestre  (cambiando os equipos base en cada trimestre), procedendo do seguinte xeito:

Distribuímos ao alumnado da clase en 3 columnas:

formacion equipos 

Cada equipo se formará cun alumno/a da columna da esquerda, un alumno/a da columna da dereita e dous alumnos/as da columna central.  Ha de procurarse, ademais, que haxa en cada equipo un equilibrio entre homes e mulleres, etnia (se é o caso), repetidores...  Pode ser, que non poidamos facer todos os equipos de 4, e que algún teña que ser de 5; non pasa nada, haberá que poñer en ese equipo/s de 5 ao alumnado que mais precisa axuda, por exemplo, a un alumno de necesidades educativas específicas.

 

Cando a organización da clase en equipos heteroxéneos se estabiliza, estes denomínanse equipos base, e serán o agrupamento básico do alumnado na clase.   A estabilidade do equipo é necesaria para a aplicación do ámbito C, é dicir, para que o alumnado aprenda a traballar en equipo. Isto non quere dicir que esporadicamente non poidan facerse outras agrupacións, por exemplo, máis homoxéneas. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0