1.3. As estruturas cooperativas (Ámbito de actuación B)

Para garantir que cando organizamos unha actividade para traballar en equipos cooperativos, teña as características da aprendizaxe cooperativa, en esencia a interacción simultánea e a participación equitativa, numerosos autores deseñaron o que se chaman estruturas cooperativas, técnicas para organizar a actividade, fáciles de aprender e practicar.  Estas estruturas, si se traballan sobre un contido concreto dunha materia, constituirán unha actividade de aprendizaxe; é dicir, estaremos utilizando o traballo en equipo como recurso para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia  (ámbito de actuación B)

 As estruturas cooperativas poden ser simples ou complexas.

 Estruturas cooperativas simplespoden levarse a cabo nunha sesión de clase, son fáciles de aprender e de aplicar.  Aplicadas a un contido dunha materia, constitúe unha actividade de aprendizaxe.

  • Estruturas cooperativas básicas: son estruturas cooperativas simples que se poden utilizar para distintas finalidades en diferentes momentos dunha Unidade Didáctica.
  • Estruturas cooperativas específicas:   son estruturas simples non tan polivalentes como as básicas, senón moito máis específicas, para unha finalidade concreta.  Algunhas utilízanse como complemento das estruturas básicas, outras serven para fixar contidos traballados.

 

Estruturas cooperativas from Begoña Otero Riobó e Elena López Vara  CC Attribution-NonCommercial-ShareAlike License

 

Estruturas cooperativas complexas:  unha estrutura cooperativa complexa, ou técnica cooperativa, necesita varias sesións de clase e aplicada a uns contidos concretos dunha materia convértese nunha macroactividade. A nosa proposta baséase na técnica grupos de investigación

Esta técnica implica os seguintes pasos:

√ Constitución de equipos dentro da clase

√ Elección de temas e subtemas

 Planificación da investigación sobre o tema / subtema

 Desenvolvemento do Plan

 Presentación do traballo

 Avaliación

 

Hai outras técnicas cooperativas que poden ser consultadas na bibliografía. 

 

“Unha estrutura cooperativa complexa, técnica cooperativa, por si mesma xa facilita e potencia a participación equitativa e a interacción simultánea. Pero estas dúas condicións pódense potenciar si en actividades concretas que se levan a cabo na aplicación da técnica se aplica unha estrutura cooperativa simple” (PUJOLAS e LAGO, 2010, p. 123)

Condicións necesarias dunha estrutura cooperativa

Para que sexan verdadeiramente cooperativas as estruturas ou técnicas cooperativas deben reunir as seguintes condicións:

√ Deben asegurar a participación activa e responsable de todos os membros do equipo, é dicir, debe asegurar a responsabilidade individual de todos os membros do equipo.

√ Debe darse a máxima interacción posible entre os membros dun mesmo equipo. Isto é fundamental para a aprendizaxe.

 

Criterios para introducir estruturas simples

Cando imos traballar co alumnado as estruturas cooperativas debemos ter en conta os seguintes criterios:

√ Ensinar ben a estrutura e asegurarse de que a aplican correctamente.  Hai que practicar varias veces a mecánica de cada estrutura.

√ Acompañar a un equipo durante a aplicación dunha estrutura para asegurarse de que a están aplicando ben.

√ Reflexionar con cada equipo sobre como aplicaron a estrutura, resaltando os aspectos positivos e corrixindo os negativos.

√ Asegurar a corresponsabilidade de todos os membros do equipo para garantir ao máximo a calidade do traballo en equipo. Para que ninguén se desentenda hai que avaliar con eles, non só o proceso seguido senón tamén o produto logrado.

√ Ter en conta as características do grupo-clase.  Por exemplo, si temos algún grupo de 5, en vez de 4, a estrutura 1-2-4 convértese en 1-2/3-5. Ou temos que redefinir os papeis nun grupo cun membro cunha discapacidade importante.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0