1.1.2. Aprendizaxe cooperativa e atención á diversidade

Como di Pujolás (2013, p.24), “Só poden aprender xuntos alumnos diferentes (en capacidade, interese, motivación, cultura, orixe social) nunha clase organizada cooperativamente, na cal todos colaboran e cooperan, se axudan, para acadar o obxectivo común de progresar na aprendizaxe, cada un ata o máximo das súas posibilidades. E non pode haber propiamente cooperación si previamente se teñen excluído dun aula aos que son diferentes”.

 

Si esta é a esencia da aprendizaxe cooperativa é a esencia dunha escola inclusiva.

 

Como di Pujolás (2013) trátase de pasar da lóxica da homoxeneidade á lóxica da heteroxeneidade.  “Coa asunción e a crenza nas propiedades presumiblemente positivas da lóxica da homoxeneidade dentro dos sistemas educativos, os educadores veñen impedindo sistematicamente, aínda que quizais inadvertidamente, que moitos alumnos discapacitados e non discapacitados adquiriran as habilidades, os valores e as actitudes necesarias para funcionar nos polifacéticos e interpersoalmente complexos contornos dos adultos” (Brown, Nietupski e Hamre-Nietupski, 1987, p.23, citado en Pujolás, 2013)

 Unha das manifestacións máis realistas da lóxica da heteroxeneidade é unha escola inclusiva, na que poden aprender xuntos, e convivir nela persoas diferentes, sexan cales sexan as súas diferenzas.

 Isto non quita que en determinados momentos, non se poida atender ao alumnado en grupos homoxéneos e, incluso, de forma individualizada. Nalgunhas ocasións será bo cambiar a equipos máis homoxéneos, ben porque o alumnado se canse de tirar do grupo ou porque en determinados momentos da aprendizaxe o grupo non lle pode aportar nada máis, ben porque xa acadou el os obxectivos propostos e necesita actividades de ampliación, ben porque todos os membros do grupo, menos un, acadou os obxectivos e este precisa unha atención máis individualizada.

É probable que despois dunhas cantas sesións de clase aprendendo algo novo, traballando en equipos heteroxéneos, todos aprenderan lo que se estivo traballando, aínda como son tan diversos, non todos terán acadado o mesmo nivel de competencia: uns saberán facelo perfectamente e outros faranos con dificultades. Si neste momento, agrupamos ao alumnado de xeito mais homoxéneo, segundo o nivel acadado nese momento  (polo que esta agrupación pode e debe variar duns temas a outros), isto permitirá ao profesorado:

∏ Propoñer actividades axustadas ao nivel de competencia de cada equipo

∏ Atender de forma individualizada a algún equipo ou alumno que necesita un reforzo nalgún aspecto, mentres os demais equipos traballan de forma autónoma.

 Estes cambios ocasionais nos equipos, partindo dun equipo base, permite que todo o alumnado acabe traballando con todos os seus compañeiros nalgún momento.

 Estas distintas posibilidades de artellar a actividade na aula de forma cooperativa permiten maior flexibilidade para poder axustar en cada momento as actividades e atender á diversidade do alumnado. Non é fácil pero tampouco imposible.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0