TAREFA 7.1. Cóntame un conto ?
Enunciado
En grupos, escollede un conto, lenda urbá, canción... e gravade unha reportaxe sobre iso. Narrádeo como se fose un suceso real. Podedes contar, por exemplo, cómo unha nena vestida de vermello levou unha cesta de comida á avoa e todo se torceu absurdamente.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.