Obxectivos do curso.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Servir de recurso guía e de escenario virtual para o desenvolvemento de proxectos de investigación e tratamento da información.

Obxectivos específicos:

a) Converterse no marco ou espazo idóneo para o adestramento da competencia en investigación e tratamento da información, ben coma parte dun programa de alfabetización dixital – informacional nalgunha materia (específica ou non) ou na biblioteca; ben para o desenvolvemento de proxectos de investigación.

b) Facilitar o traballo en alfabetización dixital e informacional mediante metodoloxí-as activas.

c) Propoñer tarefas que promovan a “gamificación” na formación documental e in-vestigadora introducindo metodoloxías lúdicas e motivadoras.

d) Compilar e facilitar ferramentas presentes para a busca, selección e tratamento da información; así coma para a creación, co-creación, e publicación de contidos.

e) Contribuír ó desenvolvemento de proxectos grupais que permitan a adquisición de coñecemento compartido, apoio mutuo, colaboración, intercambio e motiva-ción cara un obxectivo final.

f) Facilitar o traballo da biblioteca do centro como promotora e acolledora de activi-dades de alfabetización informacional e dixital, formación de usuarios e proxec-tos integrados.


Última modificación: Domingo, 21 de Febreiro de 2016, 20:05