Instrucións didácticas e técnicas para o uso da unidade

Cabeceira


Instrucións didácticas

Esta unidade didáctica está concebida dun xeito aberto e modular, polo que cada docente decidirá que e cantos módulos usar, así como a organización temporal que mellor se adapte ás necesidades do seu alumnado.
Ademais, trátase dun proxecto aberto e actualizable no que cada docente pode propoñer suxerencias de mellora e propostas para complementar o xa establecido como primeira pedra dun edificio en constante construción e actualización.
Neste espírito de repositorio de recursos e actividades arredor dun produto audiovisual e aproveitando a súa esencia aberta e modular, as indicacións para o seu aproveitamento didáctico son necesariamente breves e pouco directivas.

Información técnica

O uso desta unidade faise directamente desde a Aula Aberta Abalar, aloxada nos servidores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e está accesible desde todos os centros educativos públicos de Galicia.

Tamén é posible baixar a versión empaquetada da unidade e subila á Aula Virtual Moodle de cada centro para adaptala ás condicións particulares de cada centro e para dar nela de alta ao alumnado participante nas actividades.

Como todos os recursos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os contidos propios ofrécense baixo a licenza Creative Commons BY-SA.

No caso de recursos con dereitos de autor citados e/ou utilizados na unidade, hanse de ter en conta os criterios normais no que atinxe ás leis en vigor sobre a propiedade intelectual.


Última modificación: domingo, 8 de diciembre de 2013, 08:47