Folla de ruta da ODE (so visible para o profesorado)
A ODE 6 pertence á categoría de Posta en práctica, recurso que traballa o saber facer.
Esta OD intentará que o alumnado dea forma aos contidos a traves da escaleta do podcast. Traballaremos o formato e os xéneros combinados cun coñecemento básico da linguaxe sonora para dotar de solvencia os traballos que realicen
No pdf guión radiofónico o alumnado terá acceso a información precisa para atinguir as fases que levan dende o xurdimento da idea a un guión final de continuidade.
Por outra banda, no pdf o podcast, xéneros e formatos poderá comprobar as posibilidades dos distintos xéneros toda vez que
analice cales son as plataformas que poden servirnos de aloxamento.
Última modificación: jueves, 21 de marzo de 2024, 16:30