Folla de ruta da ODE (so visible para o profesorado)
A ODE 5 pertence á categoría de Posta en práctica, recurso que traballa o saber facer.
O alumnado aprenderá a editar son, misturando músicas, efectos de audio e voz.
Elaborará as súas propias músicas subíndoos á aula virtual despois, ás tarefas propostas. Ademáis gravará e mixturará o seu breve primeiro podcast, sendo con elo xa capaz de afrontar a ODE 7 e o seu proxecto final de reportaxe podcast.
VIDEOTITORIAIS
Tanto alumnado como profesorado ten á súa disposición videotitoriais, sobre o software libre Audacity, que lles permitirán resolver as tarefas propostas enfocadas a inserir e gravar multimedia na aula virtual:
Audacity. Mezcla de son. Videotitoriais
O software proposto é Audacity, programa de edición de son có que é posible
compoñer a nosa propia música, grabar a nosa voz e misturala con músicas, efectos de son e outras voces. Así, é un programa idóneo para grabar e editar os nosos podcasts.
Pode descargarse dende a súa páxina oficial: https://www.audacityteam.org/
MÚSICAS E EFECTOS
A ODE contempla recursos para traballar nas tarefas propostas, na carpeta Músicas e Efectos de son. Aínda que o alumnado pode utilizar tamén materiais de uso libre procedente de bancos como os vistos na ODE 3.
EQUIPAMENTO NECESARIO
- Ordenador, tablet ou móvil, para gravar a vosa voz. E o ordenador tamén para traballar con Audacity
- Auriculares (con micrófono sería o mellor)
- Conexión a Internet
VISIONADOS
Estes visionados complementan o explicado sobre Samples e Loops:
Última modificación: luns, 12 de febreiro de 2024, 6:22 PM