Videotitoriais. Gravar e inserir multimedia na aula virtual
Os foros das aulas virtuais permítennos interactuar cos docentes e cos nosos compañeiros, de xeito que, se temos dúbidas ou queremos aportar algo, o podemos facer ahí, escribindo un texto. Pero a aula deixanos ir máis aló. Tamén é posible responder con imaxes, audios e vídeos que complementen o que queremos explicar.
A actividade podcast é un tipo de tarefa que actúa como canle interno para subir os nosos podcast e permítenos, ademáis, escoitar os de toda a aula.
Nos seguintes videotitoriais podemos aprender cómo traballar con todas estas opcións de inserción de multimedia, en aulas virtuais baseadas en Moodle.
1- Inserir imaxes nun foro
2- Inserir audio nun foro
3- Inserir vídeo nun foro
4- Gravar audio nun foro
5- Gravar vídeo nun foro
6- A actividade podcast