A ODE 2 supón a conclusión ao bloque de  como funciona a información no mundo, dándolle forma ao aprendido na OD1 e preparándonos para a elaboración do guión dun podcas 

 

O alumnado enfrontará a necesidade de traballar certas rutinas e organizalas En torno a un fluxo de traballo adecuado.


Recursos

Comezamos co pdf liña editorial que supón unha ponte con respecto á anterior od, explicando en que consiste e como determina a información a liña editorial dos medios. 

Para atallar o proceso da documentación, que sería o paso seguinte para a creación de contido dos podcast, achegamos dous pdfs: as fontes de información e as fontes xornalísticas, dende os cales o alumnado poderá entender os diferentes lugares onde acceder a información fiable.

O seguinte pdf irá dedicado a como funciona unha sala de redacción para, dentro do que cabe intentar imitala en clase.

O pdf de fluxo de traballo, intenta atallar o problema de como organizar as tarefas dun xeito optimizado para poñerse máns á obra. Vencellado con este pdf outro visible só para o profesorado onde se explica como funciona unha ferramenta que é moi axeitada para o proceso a levar a cabo: O trello.