Folla de ruta da ODE (so visible para o profesorado)

A ODE 1 supón o punto de partida e orbita sobre o tema de como funciona a información no mundo, recurso que intenta fomentar o espíritu crítico do alumnado.
O alumnado enfrontará cuestión de ética xornalística, a través de tarefas que expoñan o mal uso da información .

Recursos:
 No pdf das fake news, o alumnado poderá descubrir de que se tratan as noticias falsas e que facer con elas. O pdf dedicado aos clicbaits fará unha descripción deste fenómeno, reflexionando sobre a sensacionalización dos contidos. O pdf de detective de bulos, supón un repaso polos distintos puntos que poderemos seguir se queremos desenmascarar unha noticia falsa.
Proponse nesta od unha actividade central, o detective de bulos, na que o alumnado deberá desenmascarar  as distintas noticias falsas as que se enfronte. 
A OD inclúe ademáis unha serie bastante extensa de tarefas e está na man do docente decidir se se levan a cabo na súa totalidade ou unicamente unha selección delas.