Obxectivos desta proposta didáctica

Cabeceira limpa


Os obxectivos desta proposta didáctica están enfocados á consecución das competencias básicas do alumnado e ao desenvolvemento da educación en valores, enfocado especialmente nos seguintes aspectos:

1. Conseguir que o alumnado adquira unha conciencia crítica respecto das causas que producen os accidentes de tráfico e que actúe con corrección no seu exercicio como peón, ciclista e condutor e que participe de xeito activo na consecución de comportamentos viarios saudables.

2. Conseguir que o alumnado identifique e xestione as súas emocións en situacións de conflito co fin de que poida reconducir condutas que lle poidan supoñer un problema de saúde físico ou psicolóxico.

3. Conseguir que o alumnado se achegue á cultura cinematográfica como medio de interpretación da sociedade en que vivimos co fin de favorecer a súa integración social e a súa participación a prol dunha cidadanía máis cívica.
Last modified: Tuesday, 3 December 2013, 2:48 PM