Inclusión educativa: o motor para o cambio

Integrar Polos Creativos no proceso de ensino-aprendizaxe contribuirá a abrir camiño cara o desenvolvemento das competencias para o século XXI. Insistimos na idea de que non existen fórmulas infalibles nin o proceso de cambio vai estar exento de obstáculos ou dificultades. Con todo, unha actitude docente favorable transformará dificultades en oportunidades e desafíos. O motor do esforzo será o convencemento de que estamos construíndo espazos, tempos, instrumentos, situacións e actitudes co poder de chegar a todas as alumnas e a todos os alumnos, á diversidade inherente ás aulas e á sociedade. Falamos de Inclusión, que é  falar de Dereitos Humanos, de dereito á educación inclusiva, promulgada dende as máis elevadas institucións europeas co compromiso asumido, entre outros, polos estados membros da Unión Europea. A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible así o recolle nos obxectivos 4 e 5: “Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos” e “Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e ás nenas”. Chegan, pois, tempos de cambio, de deixar atrás modelos tradicionais que comportan risco de exclusión e segregación. É o momento de acoller novas perspectivas e comezar a abrir portas que nos acheguen ás metas establecidas para os próximos anos.

Obtén información a través destas ligazóns:

Podes empregar esta ferramenta de autoavaliación da inclusión no teu centro e entorno escolar, baseado nos indicadores inclusivos da rede NESET, que fai especial énfase na prevención do abandono escolar prematuro. Para poder acceder ó recurso debes rexistrarte dun xeito sinxelo e que garante a túa privacidade. Unha vez entregado, terás acceso ós recursos que propoñen as ferramentas europeas para centros escolares.

A continuación podes realizar este cuestionario que che presentamos como un exercicio de autocrítica e reflexión arredor de certas dúbidas ou inquedanzas iniciais que podemos sentir as e os docentes sobre como entendemos a educación inclusiva no día a día das aulas.







Última modificación: Luns, 13 de Decembro de 2021, 12:24