Do STEM ao STEAM. Oportunidades e inquedanzas
Que son os termos STEM e STEAM? Que implicacións teñen na educación? Son simples acrónimos ou esconden detrás novas metodoloxías? Por que existe a fenda de xénero neles e como revertela? Estas son só algunhas das cuestións que afrontaremos ao longo deste bloque da Guía e que nos levarán a abordar novos enfoques metodolóxicos, a reflexionar sobre o papel da educación na sociedade actual e a concienciarnos sobre a importancia da co-educación na procura da inclusión e da igualdade real.
Como xa insistimos noutros bloques, non pretendemos achegarnos a esta temática a través de recetas universais, senón a través dun material útil que estimule a reflexión e o debate e que promova o cambio real.
Última modificación: martes, 14 de decembro de 2021, 11:35 AM