Ao longo deste bloque achegarémonos á creación de contornas de aprendizaxe dende a súa vertente máis física, a do propio espazo. A publicación durante o curso 2020-2021 do resumo executivo do Plan de nova arquitectura pedagóxica permítenos observar unha clara aposta pola creación nos centros educativos duns espazos máis abertos, máis flexibles, máis sostibles... en definitiva, que permitan a eliminación de todo tipo de barreiras físicas e pedagóxicas, apostando pola inclusión e a igualdade dende unha perspectiva de xénero. Seguindo estas liñas xerais marcadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade; estudaremos diversas perspectivas e escalas de aproximación, non perdendo de vista que este tipo de transformacións tamén deberán ir acompañadas de mudanzas no propio proceso de ensino-aprendizaxe, como xa adiantamos nos anteriores bloques.

Última modificación: xoves, 28 de outubro de 2021, 10:23 PM