As competencias profesionais docentes
O cambio do modelo de ensino-aprendizaxe tradicional ao modelo baseado na adquisición de competencias esixe unha adecuada formación do profesorado e dos entornos educativos onde desempeña as súas funcións que facilite a transformación efectiva nos centros educativos. A calidade da Educación esixe a calidade da docencia que debe actualizarse de xeito permanente.
A publicación As competencias profesionais docentes, do Departamento de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade realiza o bosquexo do modelo competencial, destacando as seguintes:
Xenéricas de perfil:
- Educador/a e guía no proceso de ensino-aprendizaxe, a nivel de aula.
- Membro dunha organización, dentro do seu centro.
- Interlocutor/a e referente, na súa comunidade educativa.
- Investigador/a e innovador/a, que propicie o cambio.
- Instrumentais - transversais:
- Especialista na súa materia.
- Comunicador/a en lingua materna e estranxeiras.
- Competente en TIC.
No seguinte vídeo, tamén elaborado polo CAFI, podes obter máis información sobre as competencias profesionais docentes:
CAFI Galicia. As competencias profesionais docentes. En YouTube con licenza CC BY.
Última modificación: martes, 14 de decembro de 2021, 9:29 AM