O Modelo competencial europeo
O Consello Europeo recomenda (Recomendacións do consello de 22 de maio de 2018) que os Estados membros deben garantir unha
educación inclusiva e de calidade para que todas as persoas poidan adquirir competencias clave nun marco de referencia europeo.
Define as competencias clave como "aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoais, a súa empregabilidade, integración social, estilo de vida sostible, éxito na vida en sociedades pacíficas, modo
de vida saudable e cidadanía activa".
As competencias clave están integradas por coñecementos, capacidades e actitudes. As capacidades que se desenvolven son o pensamento crítico, o traballo en equipo, a
resolución de problemas, a comunicación e a negociación, as capacidades analíticas, as capacidades interculturais e a creatividade.
As oito competencias clave que recolle o marco educativo europeo son:
- Competencia en lectoescritura.
- Competencia multilingüe.
- Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería.
- Competencia dixital.
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender.
- Competencia cidadá.
- Competencia emprendedora.
- Competencia en conciencia e expresión culturais.