Que é e por que é precisa esta guía?


Neste primeiro bloque queremos darvos a benvida a esta guía e achegarvos á súa finalidade á súa orixe.

Agardamos que vos poida facilitar consignas e claves que vos guíen na busca de novas perspectivas que excedan a aula como habitáculo para poder desenvolver o modelo competencial.


Polo tanto, os obxectivos desta guía son:

  1. Impulsar o proceso de transformación do modelo educativo tradicional ao novo modelo competencial.
  2. Proporcionar ao profesorado unha perspectiva real e operativa de traballo interdisciplinar baseado nas competencias.
  3. Establecer mecanismos que favorezan o achegamento do alumnado ao mundo que o rodea.
  4. Realizar un estudo das posibilidades que ofrece o centro e a contorna de cara a unha diversificación de espazos de ensino-aprendizaxe.
  5. Introducir perspectivas coeducativas no deseño e desenvolvemento de espazos de aprendizaxe.
  6. Deseñar accións inclusivas arredor de proxectos de traballo que fomenten as relacións interpersoais e a interacción coa contorna.
Esperamos que, despois desta breve introdución, vos animedes a continuar nesta viaxe que estamos a piques de emprender.
Última modificación: Luns, 13 de Decembro de 2021, 20:54