Benvida á sección do Repositorio. Unha sección en permanente crecemento onde poderás atopar múltiples referencias creativas de música en galego producida desde as aulas dos nosos centros educativos. Podes pasar tamén pola sección de prensa para manterte informada das novas.

No 2007 a Unión de Protectoras de Animais de Galicia e o estudo Casa de Tolos lanzaron esta iniciativa que puña a música escolar galega ao servizo da defensa dos dereitos dos animais. Así naceu #OperaciónCan.

Na década dos oitenta aconteceu un fermoso festival de cancións que xuntou en San Sadurniño cativas e cativos chegados de todo o país. Falamos de #Cantareliña, unha iniciativa que naceu da man do grupo Saraibas. Todo un referente!

O #Enreguéifate e a #Regueifesta son proxectos de promoción da regueifa entre a comunidade educativa galega. A improvisación oral en lingua galega como motor de comunicación e creación.




Cúmprense 10 anos desde que se lanzou #AlinguaSabeAPan. O tema musical no que o Cole de Cea que converteu en exitazo a súa versión do Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Contou coa produción musical de Pedro Feijoo.




Como unha ponte musical entre escolas galegas, inglesas e irlandesas é que xurdiu no 2010 #CelticRoots. Pola parte galega tomaron parte o CEIP Humberto Juanes de Nigrán e o músico Xose Manuel Budiño. Este era o himno.

Un dos maiores éxitos na rede para promover o uso normalizado do galego chegou no 2012 da man do EDLG do IES de Chapela e a súa versión do "I will survive" de Gloria Gaynor que converteron en #EuFalarei. Todo un hit que leva máis de 60.000 visualizacións no youtube.

25 anos tendendo pontes entre Galiza e Portugal a través da radio escolar. Imposible resumir as innumerables iniciativas ao longo de tan fecunda traxectoria. Con esta cantiga de Magín Blanco cantada polo alumnado do cole de Sabarís celebraron o aniversario de #PontenasOndas

Unha maneira ben orixinal de implicar a toda unha comunidade educativa nunha iniciativa artística musical foi este "mannequin challenge" polo galego do IES de Chapela coa música de Berrogüetto.


Tamén merece mención neste fío o certame de música infatil e xuvenil Quero Cantar da Deputación da Coruña creado coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. Aquí tendes o grupo Máis Boas Que as Patacas coa canción #Sonmuller.



Un inmellorable exemplo do espírito de aoSDNM é a canción #Quixera de Guezos e os nenos do CEIP Otero Novas de Cortegada. Un tema que fala de valores e de apego da comunidade educativa ao seu territorio.



Última modificación: martes, 14 de decembro de 2021, 1:46 PM