Nos seus máis de 100 anos de historia, a radio sempre foi considerada un dos medios máis democráticos, debido á súa fácil accesibilidade, inmediatez e ao baixo orzamento necesario para poñela en marcha. Son vantaxes que facilitan que tamén se poida converter nun excelente recurso para traballar co alumnado diferentes habilidades e coñecementos. 

Coa chegada da radio dixital estas posibilidades multiplícanse facendo aínda máis accesible tanto a publicación de contidos como a súa escoita. Cun pequeno equipo de micrófonos, tarxeta de son e PC as nosas aulas poden converterse nun estudo de radio. Queres saber como?

Para comezar compartimos este espazo de Podgalego onde nos introducen no mundo do podcast: materiais e consellos. Que PC, tarxeta ou mesa de son, micrófonos e auriculares precisamos…

Aquí tendes tamén o obradoiro "Fagamos unha radio" impartido pola xornalista Manuela Iglesias en Radio Liverdade. 

E tamén compartimos uns imprescindíbeis vídeos didácticos elaborados polas compañeras e compañeros da Rede Espora.  


Last modified: Thursday, 11 November 2021, 11:51 AM