My fpet_ Term 3
MY PET
Benqueridas familias,
Esta será a derradeira presentación do curso. Moitísimas grazas pola vosa colaboración nas propostas anteriores.
Este trimestre os cativos/as deberán falar da súa mascota, se non tedes mascota non importa poden falar da mascota que lles gustaría ter.
Como nas anteriores ocasións, nunha cartolina o alumando pegará algunhas fotografías ou debuxos que apoien a súa exposición.
Na clase practicaremos as oracións.
-
Introduction: This is my (imaginary) pet. He/she is a (dog, cat, tortoise, horse, hen, rabbit, sheep….) His/her name is ...... He/she is ....... months/years old.
-
Diet: He/she eats...(grass/ meat/carrots/ dry dog food/ corn/crickets/…)
-
Likes: He/she likes (apples). His/her favourite colour is... (blue) His/her favourite book is … His/her favourite sport is …
-
Dislikes: He/she doesn’t like ...(apples). He/she hates… he/she loves … (sleeping, running, swimming, jumping...)
-
Things we do together: We play … We love drawing/ running/ cycling/climbing…
O importante é que todos participen e pouco a pouco collan maior soltura falando en inglés.
IMPORTANTE non escribir frases, trátase de que falen, non que lean.
Poden practicar na casa e escribir nunha folla aparte, pero non no soporte da exposición oral.
A data límite de entrega é o 20 de abril de 2021
Moitas grazas pola súa colaboración.
Reciban un cordial saúdo.
A mestra de lingua estranxeira.