Unha función moi usada. O seno
Cal será a forma da función que relaciona o tempo coa altura do pedal da bici cando pedaleamos con velocidade constante?
Esta función ten nome e chámase función seno. A función seno modeliza gran cantidade de situacións e fenómenos. Paréceche que a súa forma se semella a algo?
Efectivamente entre outras cousas lémbranos as ondas. Pois ben, o seno modeliza fenómenos ondulatorios como:
- o son
- a luz
- as ondas electromagnéticas en xeral
- as ondas do mar
- o movemento dos planetas
- as vibracións dun violín ou tambor etc, etc.
Última modificación: miércoles, 27 de julio de 2016, 22:07