Unha función moi usada. O seno

Cal será a forma da función que relaciona o tempo coa altura do pedal da bici cando pedaleamos con velocidade constante?

Esta función ten nome e chámase función seno. A función seno modeliza gran cantidade de situacións e fenómenos. Paréceche que a súa forma se semella a algo?

Efectivamente entre outras cousas lémbranos as ondas. Pois ben, o seno modeliza fenómenos ondulatorios como:

  • o son
  • a luz
  • as ondas electromagnéticas en xeral
  • as ondas do mar
  • o movemento dos planetas
  • as vibracións dun violín ou tambor etc, etc.

Last modified: Wednesday, 27 July 2016, 10:07 PM