A parábola de auga.

Abre o programa Geogebra e inserta a seguinte imaxe ou unha semellante que buscada por ti na internet. Deberás  gardar a imaxe no computador e a continuación inserila no Geogebra coa ferramenta imaxe do menú contextual.

Coa ferramenta punto introduce tres puntos que estén situados nunha parábola. Terás algo así:

Agora usaremos función de geogebra AjustePolnómico(puntos,grado): escribimos na barra de entrada o nome da función, cos puntos creados no paso anterior e grado 2 entre paréntese (ver imaxe inferior).

No noso caso escribindo AjustePolinómico[C,D,E , 2 ]  obtemos:

Fai o mesmo para outras parábolas da fonte cambia a cor das cónicas para obter unha imaxe semellante a esta.

Zuletzt geändert: Mittwoch, 27. Juli 2016, 22:03