Calculando a media e desviación típica.

Para comezar abre a folla de calculo e introduce a táboa.

Agora imos calcular a media, que é a suma dos datos entre o número de datos. No caso da táboa de valores, será a suma de cada dato pola súa frecuencia entre a suma das frecuencias.

Para comezar calculamos nunha nova fila o produto de cada dato pola súa frecuencia.

A continuación arrastramos a fórmula. Observa que sucede coa expresión que escribiches ao arrastrar a fórmula.

Agora sumamos esta nova fila e dividimos pola suma das fecuencias. Recorda que para iso chega con situarte na seguinte cela da fila a sumar e darlle a

Primeiro sumamos as frecuencias. Observa como funciona a función SUMA(intervalo), o intervalo neste caso é C3:H3 é dicir da celda C3 ata a celda H3, a función sumará os números que se atopen nas celas de C3 ata H3.

Agora sumamos a fila Datoxfrecuencia e dividimos entre a suma de frecuencias.

O resultado é a media de todos os datos.

Agora calcularemos a varianza que é a media dos cadrados de cada dato menos a media.

Comezamos calculando unha nova fila que chamaremos (dato-media) : escribimos =(C2-I4)^2 debaixo do -10.

Agora preparamos a fórmula co símbolo $ que fara que ao arrastrar non cambie a columna de I4 (a media), é dicir, itroducimos $ antes de I4 e arrastramos a fórmula =(C2-$I4)^2

Agora so resta multiplicar pola frecuencia a fila que acabamos de crear, sumar o resultado e dividir entre o número de datos.

Primeiro multiplico pola frecuencia

Agora arrastro a fórmula

Sumo a nova fila dividindo tamén entre a suma das frecuencias.

Agora presentamos a media e a desviación típica que é a raíz da varianza.

Como ves para calcular a raíz temos unha función chamada RAIZ(número) onde número é neste caso a varianza que está na celda I6. Para rematar dalle unha apariencia personificada e garda o arquivo co nome MediaDesTip.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 21:46