Enigma: Acertixo de Einstein
Einstein plantexou o seguinte acertixo afirmando que só un 2% da poboación sería quen de resolvelo...Podes ti?
Albert Einstein, Galaxyfm , flickr.com, BY SA
Temos 5 veciños de diferente nacionalidade, con diferentes costumes, e que viven en casas de diferente cor. As casas están en ringleira. Os veciños teñen cinco mascotas diferentes, beben 5 bebidas diferentes, e cada un fai un deporte diferente.
Coñecemos os seguintes feitos:
1. O inglés vive nunha casa vermella.
2. O sueco ten un can.
3. O Noruego vive na primeira casa.
4. O Alemán xoga ao fútbol.
5. A casa verde queda á esquerda da branca e pegada a esta.
6. O dono da casa verde toma café.
7. O danés toma té.
8. O que xoga o basket vive na casa amarela.
9. A persoa que vive na casa do medio toma leite.
10. A persoa que fai natación ten un canario.
11. A alpinista vive o lado do que ten un gato.
12. O señor que ten un cabalo vive ao lado do que xoga a basket.
13. A persoa que practica xadrez toma cervexa.
14. A alpinista é veciña do que bebe auga.
15. O noruego vive ao lado da casa azul.
A pregunta é: quen é o dono do peixe?