Deportes

O noso instituto está cheo de deportistas. Dos 239 alumnos/as que ten:

- 100 xogan ao fútbol, 80 ao baloncesto e 60 ao tenis.

- 8 practican os tres deportes.

- 20 xogan a fútbol e baloncesto.

- 32 xogan só a baloncesto, mentres que 27 só a tenis.

- O resto, practica baile.

Saberías dicir:

Cantos xogan só a fútbol? Cantos a fútbol e tenis? Cantos a tenis e baloncesto? Cantos van a baile?

Para organizar a información do problema é necesario o seguinte gráfico.

Agora chega con poñer os datos sobre cada un dos trozos de conxuntos xerados que son  7 , a saber:

  • Os tres deportes (rexión central cos tres trazos rosa, verde e laranxa)
  • fútbol e basket (rosa e verde)
  • só futbol (rosa)
  • basket e tenis (verde e laranxa)
  • só basket (verde)
  • tenis e futbol (rosa e laranxa)
  • so tenis (laranxa)
  • Baile, que son o resto (branco)

Por último temos que facer as contas para cada un dos subconxuntos disxuntos xerados e situar os números no gráfico, anímaste?

Tarefa: Fai o gráfico usando GeoGebra, intenta darlle unha apariencia semellante, para iso terás que xogar coas propiedades (botón dereito) do obxecto elipse.

Pista 1             Pista 2             Solución

Se queres podes descargar o documento GeoGebra que fixen para resolver o problema.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 18:49