O ferreiro
Un ferreiro ten que reconstruir a cadea da imaxe inferior, abrindo e pechando algúns dos aneis, até conseguir deixala toda unida.
Se o ferreiro quere traballar o mínimo posible, cantos aneis terá que abrir e pechar?
Tratemos de pensar nun xeito de actuar diferente ao habitual. Certo é que sempre podemos abrir e pechar os "finais", de xeito que manipulando 5 chegamos á solución. Mais o ferreiro só tivo que abrir e pechar catro aneis!
Modifié le: vendredi 22 juillet 2016, 23:40