O ferreiro

Un ferreiro ten que reconstruir a cadea da imaxe inferior, abrindo e pechando algúns dos aneis,  até conseguir deixala toda unida.

Se o ferreiro quere traballar o mínimo posible, cantos aneis terá que abrir e pechar?

Tratemos de pensar nun xeito de actuar diferente ao habitual. Certo é que sempre podemos abrir e pechar os "finais", de xeito que manipulando 5 chegamos á solución. Mais o ferreiro só tivo que abrir e pechar catro aneis!

Pista

Zuletzt geändert: Freitag, 22. Juli 2016, 23:40