O xantar

Despois dunha dura xornada de traballo,Roi, Daniel, Mencía, Hugo, Antía e Luís van xantar a un restaurante.

  • Antía, Daniel e quen comeu pescada, pediron viño branco.
  • Mencía mira con envexa ás persoas que elixiron xabaril e pato á laranxa.
  • Roi e Daniel están sentados fronte aos que comen tortilla e o pato á laranxa.
  • Roi, Mencía e Hugo elixiron un prato de carne.

Quen pediu un filete? E os caracois?

Este é un dos problemas das Olimpiadas Galegas de 2º da ESO. Semella difícil pero non o é se o abordas coa técnica axeitada. Neste caso, unha ferramenta moi particular: a táboa.

Se queres intentalo pola túa conta adiante. Se estás atascado podes ver unha guía da solución neste enlace: Taboa Calc.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 18:43