nota sobre a reunión de contidos
Organiza a reunión editorial con tempo.
Durante as sesións anteriores, aproveita para traer diferentes xornais e publicacións para que poidan ir afacéndose a actualidade. Procura ir variando os xéneros e o formato das publicacións para que teñan unha visión ampla.
Informa da hora da reunión editorial cunha circular para dar mais veracidade.
Ti conducirás a reunión, a idea é que todo pareza o mais profesional posible.
Escoita a presentación dos diferentes grupos e vai apuntando nunha pizarra os contidos que pasen o corte.
Hai múltiples películas e series que teñen secuencias sobre estas reunións. Suxerimos o visionado da serie de HBO The Newsroom que está cheo delas. Tamén dende a páxina de eldiario.es teñen subida unha reunión editorial
A partir de aquí poderás sacar a inspiración para conducir a túa reunión ao mais puro estilo MacHAle.