Criterios de avaliación

Cabeceira limpa

Criterios de avaliación

  1. Que o alumnado reflexione sobre as amplas implicacións e consecuencias xerais dun accidente de tráfico para todas as persoas implicadas.
  2. Que sexa capaz de desenvolver de xeito autónomo e con espírito crítico as estratexias para o cálculo do risco das accións que serven de argumento principal da película.
  3. Que afonde no desenvolvemento da educación en valores, especialmente a educación viaria, a xestións das emocións, o cálculo e control das situacións de risco.
  4. Que se desenvolvan as competencias básicas mediante actividades e tarefas variadas.
  5. Que se atenda de xeito eficaz á diversidade do alumnado implicado na posta en marcha da unidade didáctica e que esta diversidad redunde na mellora colectiva das aprendizaxes.
  6. Que se poñan en marcha estratexias cooperativas.
  7. Que se afonde na aprendizaxe mediante proxectos nos que o alumnado é o actor protagonista da súa propia aprendizaxe.
  8. Que se usen as estratexias propias da investigación á hora de buscar, analizar e xestionar a información proporcionada en primeira instancia pola película e despois polos recursos informativos propostos nas diferentes actividades.
Última modificación: Martes, 3 de Decembro de 2013, 15:03