"Aula do Futuro" é un proxecto coordinado polo Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) en colaboración coas comunidades autónomas. Esta aposta, que se iniciou en 2015, ten a súa orixe no proxecto Future Classroom Lab, desenvolto polo consorcio de Ministerios de Educación europeos, European Schoolnet, en Bruxelas, dende 2012.
Aula do Futuro é a creación dun ambiente de aprendizaxe inspirador que invita a repensar o papel da pedagoxía, a tecnoloxía e o deseño nas aulas.

Tres son os pilares sobre os que se sostén:

  • Uso de tecnoloxías dixitais.
  • Adquisición de competencias.
  • Organización do espazo.

Presenta un espazo de aprendizaxe zonificado e reconfigurable, composto por seis zonas de aprendizaxe que permiten diferentes tarefas a través de distintas ferramentas:

Investiga: averiguar, analizar, cuestionar e examinar.
Explora: indagar, buscar e descubrir.
Interactúa: colaborar, preguntar e debater.
Desenvolve: planificar, deseñar e inventar.
Crea: manipular, editar e imaxinar.
Presenta: informar, escoitar, compartir e amosar.

Aula do Futuro

Por outra parte, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) creouse un espazo na sede central do CAFI, en Santiago de Compostela. Equipado con tecnoloxía dixital, permite ó persoal docente o seu uso para desenvolver proxectos que precisan ferramentas e recursos específicos.

Aulanova CAFI fundaméntase nos seguintes aspectos:

  • Construcionismo e construtivismo
  • Movemento Makerspace
  • Pensamento de deseño
  • Alfin / Alfabetización multimedia

Se che interesa, podes consultar o Protocolo de normas de uso da Aulanova.

 Aulanova CAFI

Última modificación: martes, 14 de decembro de 2021, 9:39 AM