Benqueridas familias,


Precisamos a vosa colaboración/supervisión na realización da seguinte tarefa. Trátase de preparar o soporte visual para unha presentación oral en lingua inglesa. Comezaremos por algo sinxelo. Este trimestre os cativos presentaran o tema All about me .

Un tema que dominan e posiblementesexa do seu agrado.
Nunha cartolina o alumando pegará algunhas fotografías ou debuxos (poderán adxuntar recortes de revistas) e engadir algunha información que lle sexa de axuda durante a presentación oral .

Algo sinxelo: nome, idade, a familia, a cor favorita, numero de irmáns, onde vive, os amigos, xogos preferidos, que desexa ser de maior ...

  • Na clase practicaremos as oracións.

My name is ...... I am....... years old. This is my father (Andrés).... This is my mother (Marìa). I live in a house/flat .... in .... My favourite colour is .... My favourite food is ... My best friends are .... when I grow up I want to be a .....


O importante é que todos participen e pouco a pouco collan maior soltura falando en inglés.


IMPORTANTE non escribir frases, trátase de que falen, non que lean.


Na cartolina podería aparecer algo así: unha cor, un número representando a idade, un obxecto ou animal que lle guste (algo doado)...

A data límite de entrega é o 30 de outubro 2020
Moitas grazas pola súa colaboración.
Reciban un cordial saúdo.


A mestra de lingua estranxeira.

Last modified: Friday, 19 February 2021, 6:33 PM