O solo é a capa máis superficial da litosfera, formada por materiais disgregados procedentes da meteorización das rochas (polo que é moi poroso) e por materia orgánica (humus), auga e aire. O contido de materia orgánica, aireación e capacidade de retención de auga do solo afectan directamente aos vexetais que se poden desenvolver nel e, indirectamente, a todo o ecosistema.

A formación do solo comeza coa alteración da rocha nai que da lugar a unha fina capa (horizonte C) de materiais disgregados sobre a que se implanta a vexetación. A vida e morte de animais e plantas produce acumulación de materia orgánica dando lugar a unha capa superficial escura con moita materia orgánica (horizonte A). Co tempo o proceso de meteorización da rocha nai avanzada formándose unha capa intermedia con pouca materia orgánica pero que acumula moitas substancias minerais (horizonte B), formándose o característico chan completo (horizontes ABC).

O solo pode perderse como consecuencia da desaparición da vexetación (por exemplo por un incendio) e a rápida erosión e trasporte posterior dos materiais deixando a rocha nai ao descuberto. Isto ocorre en zonas de pendente nas que as precipitacións poden ser abundantes e fortes como son os nosos montes.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:57