Inda que ás veces faise esperar, o final do curso chega cada ano e con el os tan queridos aprobados e os temidos suspensos.

O titor fixo o seguinte cadro para resumir e comparar os resultados de este curso e do pasado:

2016

2015

Matriculados

Aprobados

Matriculados

Aprobados

Non repiten

22

12

15

8

Repetidores

3

3

10

9

Totais

25

15

25

17

Estes son os datos. A directora o profesor de matemáticas e algúns alumnos os analizan e chegan as seguintes conclusións:

  • A directora: O ano 2016 marca un avance do 13% no número de aprobados nos nosos alumnos de 2º da ESO. Isto demostra o bo traballo feito polos profesores e alumnos, parabéns para todos.

  • O profesor de matemáticas: Agradézolle moito o comentario a nosa directora pero penso que non é para tanto pois a taxa de aprobados non medrou mais ca un 8%.

  • Alumnos: Coma sempre os profesores teñen un xeito de analizar curioso. Tanto se es repetidor como si non, os resultados foron peores este ano. Penso que non teñen razón para felicitarse.

Daquela ti que pensas? Todos menten? O profesor de mates toleou? Ou é que as mates non son tan exactas como parece?

Última modificación: mércores, 27 de xullo de 2016, 21:50