Enigma: Os saúdos

Supoñamos que nos reunimos un grupo de amigos.

Cantos saúdos se producen se todos e cada un dos amigos se saúdan?

Por suposto isto depende do número de amigos que acudan á reunión.

Cantos saúdos para 4 amigos? E para 5 amigos?

E a pregunta do millón: cantos saúdos se darán n persoas?

A seguinte animación xeométrica é unha boa pista para dar coa resposta.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 21:14