Deportes
O noso instituto está cheo de deportistas. Dos 239 alumnos/as que ten:
- 100 xogan ao fútbol, 80 ao baloncesto e 60 ao tenis.
- 8 practican os tres deportes.
- 20 xogan a fútbol e baloncesto.
- 32 xogan só a baloncesto, mentres que 27 só a tenis.
- O resto, practica baile.
Saberías dicir:
Cantos xogan só a fútbol? Cantos a fútbol e tenis? Cantos a tenis e baloncesto? Cantos van a baile?
Para organizar a información do problema é necesario o seguinte gráfico.
Agora chega con poñer os datos sobre cada un dos trozos de conxuntos xerados que son 7 , a saber:
- Os tres deportes (rexión central cos tres trazos rosa, verde e laranxa)
- fútbol e basket (rosa e verde)
- só futbol (rosa)
- basket e tenis (verde e laranxa)
- só basket (verde)
- tenis e futbol (rosa e laranxa)
- so tenis (laranxa)
- Baile, que son o resto (branco)
Por último temos que facer as contas para cada un dos subconxuntos disxuntos xerados e situar os números no gráfico, anímaste?
Tarefa: Fai o gráfico usando GeoGebra, intenta darlle unha apariencia semellante, para iso terás que xogar coas propiedades (botón dereito) do obxecto elipse.
Se queres podes descargar o documento GeoGebra que fixen para resolver o problema.