Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

ESCOLLER O TIPO DE HORTA



¿Coñeces algunha horta? ¿Como é?


Hai moitos tipos de horta, así que agora que imos empezar a facer a nosa temos que decidir o que máis nos conveña.


EU FAGO O MELLOR QUE PODO

Nós queremos facer unha horta respectuosa coa natureza e que non nos de un excesivo traballo. ¿Estás de acordo?



Curiosamente as hortas máis respectuosas coa natureza son as que dan menos traballo.


¿Sabes por que?

Porque nesas hortas tratamos de manter un solo vivo no que os ciclos naturais funcionan con pouca intervención do ser humano.

É deixar que a natureza faga o seu traballo e nós so temos que apoiala.

Ademais intentamos que tamén na superficie haxa moita biodiversidade, moitos seres vivos convivindo en equilibrio. Deste xeito evitaremos pragas e enfermidades.



UNHA PROPOSTA

Actualmente hai tipos de hortas nas que se aproveitan ó máximo as vantaxes da natureza. Se respectamos o seu funcionamento, a natureza vainos a axudar para ter os mellores resultados con maior desfrute e menor esforzo.

Para facilitar o noso traballo podemos recorrer a experiencias que sabemos que funcionan moi ben.

Este é o caso das hortas de "parades en crestall" de Gaspar Caballero de Segovia.

O seu deseño en catro parcelas aproveita ó máximo os beneficios da rotación e a combinación de cultivos.

Por iso, se queremos aplicar esta técnica, temos que dividir a nosa horta en catro parcelas.



AS PARCELAS


Aínda que che pareza estraño tamén hai distintos tipos de parcelas.

Nós imos propor a de BANCAIS SEMIELEVADOS.