Glosario do tema 2
Calquera concepto do tema que non entendades ou que vos pareza pouco claro ou confuso, podedes traballalo e publicalo aquí como unha entrada de glosario. As mellores entradas serán exportadas ao glosario principal e ligaranse automaticamente co concepto polo que poderá ser consultada alí onde apareza (tema en formato web, preguntas, exames...). Os criterios para escoller unha entrada serán:
- Brevedade e claridade na definición ou explicación.
- Ausencia de erros conceptuais.
- Ausencia de erros ortográficos.
- Presenza dunha imaxe, ilustración, vídeo... que axude á comprensión do concepto.
- Presenza dunha ligazón a unha páxina web para ampliar coñecementos.