Creación dun Glosario
Nesta actividade a idea e xerar conxuntamente un Glosario para esta Aula Virtual. Esta ferramenta permite crear unha lista de definicións, como un dicionario, ou recoller e organizar recursos ou información.
Deste xeito, a idea é crear un repositorio de definicións daqueles termos imprescindibles para afrontar o uso desta guía. Algúns exemplos poderían ser:
- Inclusión
- Igualdade
- Perspectiva de xénero
- Interdisciplinario/a
- Competencia
- Co-educación
- Metodoloxía
- ...
Para engadir un novo termo, preme no botón "Engadir un novo artigo". Na nova fiestra que se abrirá, engade o nome do termo en "Concepto" e a continuación a súa "Definición". Por último, para que o termo quede ligado ao curso, no apartado de "Autoligado", marca a opción "Esta entrada debería ser ligada automaticamente"; así, cada vez que o termo apareza neste curso da Aula Virtual, amosarase a súa definición.
Para obter máis información sobre como engadir entradas nun glosario o como configuralo, preme nesta ligazón.