FORO TAREFA 3

Este foro usarémolo parapreguntar e respostar cousas sobre a tarefa 3. Poderemos plantear cuestións relacionadas cos vídeos, actividades... recordade que é preciso ter en conta asnetiquetas relacionadas co uso dos foros.


1.-Trataremos sempre aos demais como nos gusta que nos traten a nós. Participaremos sempre con educación. Unha falta de respeto é causa de expulsión do grupo.

2.-Sempre debemos pensar antes de escribir e evitaremos palabras ou actitudes que resulten molestas ou ofensivas para o resto dos compañeiros/as. A definición do que é considerado "ofensivo" pode variar ampliamente, recordade que Internet é global e diferentes culturas teñen diferentes costumes.Na medida do posible evitaremos frases que poidan resultar ofensivas dende os puntos de vista de relixión, raza, política ou sexualidade.

3.-Temos que ter en conta que ao escribir non é posible coñecer a entoación das persoas, polo que frases curtas poden levarnos a malas interpretacións. Por exemplo, se falando empleásemos certo tono de complicidade ou ironía, podemos "imitalo" utilizando emotiones.

4.-Debemos ter sempre paciencia, sobre todo cos principiantes e cos que cometen algún erro, tarde ou cedo nos pasanos a todos .

5.-As actitudes recriminatorias non son para manifestar en público. Os enfrentamentos persoais non conducen a nada especialmente diante de outras personas ás que normalmente non lles interesa e lles causa mal efecto.

6.-Cando elabores unha mensaxe relea antes de enviala e pregúntate cal sería a túa reacción se a recibises. Calquera tempo invertido en facer máis clara a nosa comunicación en internet é sempre tempo ben empregado.

7.-Coida as normas de ortografía.

8.-Evita escribir todo en maiúsculas. Na Rede considerase "berrar" e un texto escrito todo en maíusculas soe ser máis complicado de ler.

TamPOucO é cÓModO LEr Os meNsAxES deStE tIPo.

Nin

deste

tipo


9.-Evita empregar palabras de "argot", ou letras por sonidos (como "k" por "q").

10.-Evita o emprego de abreviaturas que non sexan de uso normal.

11.-Cando queiras expresar unha frase coloquial non totalmente correcta, pona entre comillas.

Adaptado de:Flecha arriba


Grupos separados: Todos los participantes
(Aún no hay temas de debate en este foro)