Fakebook de compositores e compositoras
Nesta actividade crearemos un perfil de Fakebook, unha rede social fake, sobre un compositor ou compositora. Trátase de encher a información desa persoa, engadir comentarios, reaccións, etc como se fosen un perfil do seu momento.
Para isto seguiremos os seguintes pasos:
- ABRIMOS O FAKEBOOK
- Escribide o nome e apelido do compositor
- Engadimos foto de perfil do compositor ou compositora e outra de Portada, pode ser que a páxina xa vos suxira algunha imaxe, comprobade que concorda co voso personaxe.
- Na esquerda temos os datos do perfil, cumpreanos, lugar de nacemento, fillos, profesión, onde estudou, aficións...
- Engadimos os amigos, 8 como mínimo, terán que ser da mesma época do compositor elixido, despois faredes intervencións que teñen que ter certo sentido, 10 comentarios mínimo.
- Para poder facer modificacións hai que subir 5 entradas, e despois xa deixa.
Pódense engadir vídeos de YOUTUBE nas ENTRADAS, copiando a URL do vídeo no contido da mesma.
Tedes opción de poñer likes ou dislikes que veñan dos amigos.
IMPORTANTE: Para gardar o traballo tedes que picar na dereita en SAVE, pedirá que lle poñades unha contrasinal para poder acceder cando necesitedes e daravos unha URL. Gardade moooooi ben esa URL, é a que teredes que engadir nesta base de datos.
Exemplo: https://www.classtools.net/FB/1090-4PJk83
Debe de engadir 1 máis entrada/entradas antes de poder ver as entradas doutros participantes.