UNIDADE DIDÁCTICA 1: ANTIGO RÉXIME E ILUSTRACIÓN
1. Introdución
Nos séculos XVII e XVIII case toda Europa estaba baixo o que denominamos Antigo Réxime: sociedades europeas que manteñen un modo de vida baseado no absolutismo monárquico, na economía agraria de tipo señorial e na sociedade estamental.
O termo Antigo Réxime foi acuñado polos revolucionarios franceses para referirse ao período anterior a 1789, ao que a propia Revolución Francesa lle puxera fin.
A Ilustración é un movemento cultural que xorde no século XVIII cuns postulados baseados na razón e no progreso que serven tanto para os intentos modernizadores no eido económico dos monarcas que pretenden respectar a esencia absolutista do Antigo Réxime como para as revolucións que rematarán con este sistema.