Introdución

File:Os Maravillas de Cartelle. composición inicial. Castor, Aurea, Felisindo, Manuel e Eliseo José.jpg

Os Maravillas de Cartelle (ca. 1912). Wikimedia. (Dominio público)

As persoas pasamos por unha serie de etapas que van conformando o noso xeito de ser e a relación coa sociedade na que vivimos. Na sociedade tradicional, menos individualista e máis comunitaria, a vida das persoas ía máis encarreirada nuns patróns fixos.


A etapa infantil, dende os bebés á mocidade, ten o seu xeito de vida, basicamente dependente da familia. Veremos a música tradicional asociada a estas etapas.

Na seguinte etapa, a mocidade, o paso máis habitual era buscar parella, casar e formar unha familia. Chegamos ao momento da voda, que ten a súa música específica.

Xa na madurez, a roda da vida ía xirando arredor do coidado dos maiores e a xente pequena, integrándose nos distintos ritos da roda ou ciclo anual (nadal, entroido, pascua...) ata a vellez e máis tarde a morte.

Neste capítulo imos reparar na música infantil e mais na música das vodas.