ANM 1. A música tradicional

Introdución

"Un recuncho ao final do vello mundo".

Dorothé Schubarth, musicóloga e coautora do Cancioneiro popular galego 

File:Festa popular. Balneario de Mondariz.jpg

Escena con músicos e baile popular. Mondariz. Wikimedia. (Dominio público)

Vivimos nunha Galicia cada día máis urbana, onde os cambios xeneracionais, os medios de comunicación e a globalización impoñen un xeito novo de vida de costas ao noso rico patrimonio cultural.

A música tradicional galega que se foi creando ao longo dos séculos está en parte recollida e estudada, contando con gravacións e documentos que permiten a súa transmisión ao longo do tempo. Estamos ante a última xeración de persoas que aprenderon estas pezas no seu contexto real nunha sociedade que era ben diferente á de hoxe. Por exemplo, cando hoxe aprendemos un baile da regueifa, xa non pensamos no bolo de pan doce (a regueifa) que se repartía nunha voda logo da danza; hoxe é un baile fóra do contexto e sen a súa función orixinal.

Antes, a música aprendíase en grupo coa comunidade e de xeito oral, non coma hoxe, nas escolas e nos conservatorios, máis ben de xeito individual e por escrito, ou mesmo online.  Para introducirnos na música tradicional galega, presentamos estes temas cunhas actividades finais de repaso.