CONCURSO DE DESEÑO


Este é un momento moi importante, pois se a horta está ben deseñada o noso traballo vai ser máis doado e teremos máis posibilidades de éxito.



Xa decidimos o número de bancais e os elementos que vai ter a nosa horta.


Tamén temos unha previsión de futuro. Sabemos como queremos empezar pero queremos que a nosa horta poda ser máis grande e incluír máis elementos no futuro.


Sabemos o tamaño de horta que queremos e atopamos unha boa localización, gracias ó estudo que fixemos do noso terreo buscando as mellores condicións para o crecemento das plantas.


Agora so nos queda facer un deseño, é dicir, facer unha boa distribución dos elementos da horta atendendo a dous criterios:

  1. Que a disposición sexa práctica e facilite o traballo.
  2. Que a horta estea en harmonía co entorno, ou incluso que o mellore. É o aspecto estético.



Agora é o momento de dar paso a creatividade.


Como hai múltiples combinacións dos elementos da horta imos facer un concurso. Imos formar pequenos grupo e cada grupo vai facer un deseño. Ó final entre todos os alumnos e alumnas escolleremos cal é máis práctico e nos gusta máis.



Imos seguir os seguintes pasos:


1º Facer unha proposta xustificada (explicade o motivo de cada colocación) e representádea nun bocexo.

2º Tomade medidas do terreo no que se vai localizar a horta e facede un plano a escala da vosa proposta.

3º Presentade o voso proxecto á clase defendendo o voso deseño
¿por que os demais deben escollelo?

4º Unha vez presentados todos os deseños faremos unha elección.